PROSAGAP (Sindicato de Profesionais dá Sanidade Galega Pública), surxe como resultado da fusión dos Sindicatos SAGAP e PROSAGAL, nace coa vocación de ser unha asociación sindical Independente e Transversal, baseada nos principios éticos de Honestidade, Participación e Transparencia, cunha base ideolóxica aberta e múltiple, cuxo único límite está nos pensamentos antidemocráticos e que non teñan unha base ética.
PROSAGAP pretende ser un sindicato innovador e moderno ao crearse sen ningún condicionante estrutural nin ideolóxico.
PROSAGAP desmárcase da liña de actuación doutros sindicatos e abre un novo camiño dicindo si á repartición da bolsa de horas e non ás liberacións sindicais, así como ás institucionais porque entende que, os delegados, deben estar sempre en contacto cos traballadores e os problemas das empresas onde, estes, prestan servizos. Convencidos que, con estes valores, os traballadores recuperarán a Fé perdida nos seus órganos de representación e nos sindicatos en xeral.
PROSAGAP comprométese a loitar pola igualdade de oportunidades no acceso aos dereitos laborais, sociais e sindicais, en contra calquera forma de discriminación por motivos de sexo, procedencia, nacionalidade, crenzas relixiosas e cultura.
Igualmente, comprométese coa defensa dun sistema sanitario Público, Universal, Gratuíto e de Calidade.